Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 62 novas da área temática Exterior :
16/03/22 | 19:15  | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela

15/03/22 | 14:23  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Xuventude

A Xunta e o Goberno central apostan pola coordinación entre todas as administracións e entidades implicadas para garantir a axuda ás persoas desprazadas de Ucraína

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron xunto co delegado de Goberno en Galicia, José Miñones, nunha reunión para abordar a crise humanitaria derivada do conflito en Ucraína

14/03/22 | 15:15  | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta e as principais entidades do eido da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores procedentes de Ucraína

Salientan a importancia de que todas as accións individuais destinadas a ofrecer axuda aos nenos e adolescentes ucraínos se fagan dun xeito coordinado e planificado

08/03/22 | 11:25  | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide que a Conferencia de Presidentes aborde a aprobación dun Plan de acollida aos refuxiados de Ucraína

Subliña a necesidade de coordinar os esforzos de todas as Administracións e canalizar a corrente de solidariedade existente

08/03/22 | 11:15  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da Lei de Acción Exterior na proxección da cultura galega en todo o mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá na xornada organizada pola Xunta e o Consello da Cultura Galega para informar da norma aos axentes culturais no seu primeiro aniversario

07/03/22 | 18:48  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada a demanda das ONGD de priorizar as doazóns en efectivo a Ucraína fronte as axudas en especie polos problemas de loxística

Nunha reunión coa Fegamp e diversas ONGD, acordouse establecer un grupo de traballo permanente para facer fronte á emerxencia humanitaria mentres dure a crise

04/03/22 | 15:31  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apela a unha verdadeira colaboración coa administración central na execución dos fondos europeos de recuperación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de representar a Galicia no Cumio Europeo de Rexións e Cidades que o Comité Europeo das Rexións organizou esta semana en Marsella

02/03/22 | 14:47  | C. de Política Social e Xuventude

A Xunta traslada ao Goberno central a súa "total dispoñibilidade" para colaborar no acollemento de menores ucraínos

Malia que a prioridade é manter a unidade das familias refuxiadas, pon os seus recursos a disposición no caso de que o Executivo central realice actuacións específicas para nenos ou adolescentes do sistema de protección de Ucraína

01/03/22 | 17:21  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía ás sete áreas hospitalarias a súa disposición para acoller refuxiados de Ucraína

A Xunta propón a apertura dun mecanismo permanente de coordinación para o envío de axuda humanitaria

28/02/22 | 17:49  | C. de Política Social e Xuventude

Galicia ábrese a acoller refuxiados ucraínos e ofrece os recursos e instalacións necesarios para darlles amparo

A Xunta trasladará esta mensaxe ao Goberno central nunha reunión que se celebrará para coordinar a resposta á posible chegada de cidadáns que foxen da guerra

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: