Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 50 novas da área temática Novas tecnoloxías :
05/02/23 | 11:44  | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha o plan DigiTalent 2030 para eliminar a fenda dixital, reforzar as competencias dixitais dos profesionais e impulsar as vocacións e o talento tecnolóxico

O Plan Camiña en Dixital conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros para impulsar a inclusión e a mellora das competencias dixitais de toda a sociedade galega

20/01/23 | 11:59  | A Presidencia da Xunta

A Xunta estrea perfil en TikTok e convértese no primeiro Goberno autonómico de España en contar cunha canle nesta rede social

O principal obxectivo desta nova conta, dispoñible en https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia, pasa por facer chegar información de interese á xuventude dun xeito máis informal, dinámico, e favorecer o alcance e visibilidade das iniciativas postas en marcha polo Goberno galego

11/01/23 | 13:46  | C. do Mar

A Xunta impulsa unha aplicación móbil para o rexistro e difusión de avistamentos de candorcas en tempo real para apoiar a seguridade na navegación

Portos de Galicia financia a APP Orcinus, desenvolvida polo centro de investigación especializado en grandes cetáceos Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove

10/01/23 | 14:06  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta activa unha nova liña de axudas para promover a colaboración empresarial en proxectos que fomenten a dixitalización, a sustentabilidade e unha función loxística máis avanzada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de obradoiros, que suma 600.000 euros para promover espazos de colaboración co obxectivo de capacitar ás empresas na preparación de proxectos avanzados cara aos principais retos económicos

07/01/23 | 11:15  | C. de Sanidade

Os avances da Unidade de Diagnóstico por Imaxe do Sergas chegan ata o Congreso da Sociedade Norteamericana de Radioloxía

A súa presenza nunha cita de renome na especialidade de radiodiagnóstico, sitúaa como un servizo modélico no sistema público sanitario

07/01/23 | 10:30  | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso da rede entre as persoas de 65 aos 74 anos crece o dobre da media estatal e supera o 70 %

Os galegos de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso habitual da rede e nas compras online

04/01/23 | 12:13  | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio e facer predicións e simulacións con intelixencia artificial

O Xemelgo Dixital é un dos tres proxectos galegos que forman parte das primeiras iniciativas emblemáticas seleccionadas polo Goberno para o Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH)

03/01/23 | 11:58  | C. de Facenda e Administración Pública

A Canle +65 da Xunta atendeu máis de 3.000 chamadas desde a súa posta en servizo no mes de outubro

Esta iniciativa pioneira inclúe servizos como a atención presencial prioritaria nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia

17/12/22 | 12:15  | C. do Mar

Galicia contribúe á mellora da fabricación de materiais compostos de utilidade no sector marítimo-pesqueiro a través da formación dixital

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participa no proxecto europeo Ditmep, que pretende xerar novas capacidades dixitais sobre as metodoloxías, tanto para formadores como para alumnos

15/12/22 | 13:42  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta ampliará a oferta de actividades de fomento das vocacións científicas en Ferrol para 2023

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá no CIS Tecnoloxía e Deseño a dous obradoiros do Programa D´tec, nos que participou alumnado de bacharelato do IES Moncho Valcarce

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: