Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 243 novas da área temática Transporte:

14/04/2024 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-540, que comunica Ourense e Lobios

Na provincia ourensá continuarán as intervencións en marcha na OU-801, entre Pontebarxas e Ribadavia; ou na OU-101 no municipio de Ourense

07/04/2024 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde mañá os servizos de autobús en Teo con novas paradas, un servizo á primeira hora da mañá ata A Ramallosa e melloras nos horarios nas conexións con Santiago e Padrón

A liña actual A Agrela-A Ramallosa prolóngase ata O Espiño e engade tres novas paradas nos lugares de Buela e Veitureira, en Teo, e no lugar de Bascuas, en Padrón

05/04/2024 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada LU-861 ao paso polo concello de Vilalba

Esta intervención, cuxos traballos se desenvolverán ata o vindeiro día 10 de abril, conta cun investimento de máis de 60.000 €

03/04/2024 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta

Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación

03/04/2024 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o luns os servizos de autobús en Teo con novas paradas, un servizo á primeira hora da mañá ata A Ramallosa e melloras nos horarios nas conexións con Santiago e Padrón

A liña actual A Agrela-A Ramallosa prolóngase ata O Espiño e engade tres novas paradas nos lugares de Buela e Veitureira, en Teo, e no lugar de Bascuas, en Padrón

15/03/2024 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que o retraso dos trens AVRIL supón para Vigo 20.000 prazas menos á semana, 70.000€ máis ao día e 20 minutos máis en cada viaxe a Madrid

Vázquez Mourelle critica que a conexión con Madrid está lastrada polo retraso dos trens Avril, en espera desde 2022 e sen información oficial sobre a previsión da súa chegada

06/03/2024 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que Galicia se sitúa na vangarda da descarbonización do transporte marítimo con proxectos como o de Nervión e Bar Technologies

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou no porto exterior de Punta Langosteira o buque Pyxis Ocean, pioneiro na utilización do sistema de velas ríxidas WindWings

04/03/2024 | 19:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta exixe ao Ministerio de Transportes a creación dun grupo de traballo con Talgo para facer seguimento dos trens Avril e abordar as compensacións aos galegos

O Goberno galego considera necesario que se expliquen oficialmente os motivos polos que o 1 de marzo non se puxeron á venda os billetes dos trens Avril, como anunciara o propio ministro, e que se ofreza un calendario real sobre as probas e a formación dos maquinistas

01/03/2024 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas da Arribada en Baiona para facilitar os desprazamentos

Durante os días 2 e 3 de marzo increméntanse os horarios dos servizos de transporte público da Xunta de ida e volta da conexión Vigo-Nigrán-Baiona

29/02/2024 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda advirte dun “balance preocupante” no estado de execución das infraestruturas e servizos ferroviarios comprometidos polo Goberno central en Galicia

Asegura que así o constata un informe sobre esta materia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avaliado hoxe no Consello da Xunta