Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 965 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

18/04/2024 | 14:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir os primeiros gastos veterinarios tras adoptar un animal de compañía abandonado

Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor”

17/04/2024 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións ao documento

16/04/2024 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
15/04/2024 | 14:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoiará a adopción dun animal de compañía abandonado con axudas de ata 150 € para cubrir os primeiros gastos veterinarios

Rueda salienta que o Goberno galego custeará o 100 % dos importes correspondentes á identificación con microchip, ás vacinas iniciais, á desparasitación e á esterilización dos exemplares

12/04/2024 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 400.000 euros os contratos de control de calidade das obras de construción de máis de 350 vivendas de promoción pública

O concurso refírese ao seguimento dos traballos en dez promocións que se levantarán na Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo

12/04/2024 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita, por un importe de 55.000 €, o contrato para actualizar a información sobre as poboacións de escribenta das canaveiras, voitre branco e rula

Revisarase a súa localización e tamaño empregando métodos básicos de observación, seguimento e cuantificación das poboacións, o que tamén permitirá avaliar a tendencia destes taxóns

11/04/2024 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou preto de 47.100 raios en 2023, un 66 % máis que o ano anterior

O día con maior número de raios detectados foi o 9 de setembro, cando se detectaron 10.204 descargas

10/04/2024 | 16:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta facilita a creación dun aparcadoiro de camións no polígono de San Cibrao das Viñas coa súa declaración como proxecto empresarial singular

Ángeles Vázquez explica que este procedemento permitirá adxudicar a parcela na que se localizará de forma directa e en compravenda

10/04/2024 | 16:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia exixe ao Goberno central que tramite con axilidade o reparto entre as comunidades dos fondos de 2024 para compensar e previr os danos do lobo

A Xunta lamenta que non se fixese a distribución dos fondos de 2023 por erros do Executivo central, o que supón un novo retraso e un prexuízo adicional para o sector gandeiro afectado

08/04/2024 | 12:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os interesados en adquirir algunha das 369 prazas de garaxe e 142 locais comerciais que vai poxar a Xunta poderán presentar ofertas a partir do mércores

O Diario Oficial de Galicia publica mañá o anuncio do procedemento, que estará aberto ata o 9 de maio, para puxar por estes inmobles localizados en edificios de vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo