Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 747 novas da área temática Agricultura e gandería:

19/04/2024 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera ao Goberno as necesidades do sector agrogandeiro galego nun primeiro encontro bilateral da conselleira do Medio Rural co ministro

A conselleira trasladou as principais preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos sobre asuntos como a necesidade de reducir a burocracia, adaptar a PAC á realidade da nosa comunidade e afondar na sanidade animal

18/04/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita “planificada e conxunta” fronte á velutina

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie “é cousa de todos” e avogou por “seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados”

18/04/2024 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e produtores traballan na optimización do cultivo da pataca de calidade, con formacións en Coristanco e Xinzo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou esta mañá na apertura desta xornada no concello coruñés, enmarcada nas accións formativas organizadas pola Consellería do Medio Rural

17/04/2024 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola innovación como panca de mobilización do rural galego

María José Gómez salientou que o concepto de territorio rural intelixente implica unha aposta polo progreso e por un futuro sustentable, que é o que -sinalou- “estamos empeñados en fomentar dende a Xunta de Galicia”

15/04/2024 | 16:31 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 600.000 euros para compra de maquinaria agrícola das cooperativas de Lalín

O delegado territorial visitou a Cooperativa Gandeiros do Deza, que recibiu unha achega de máis de 100.000 euros

13/04/2024 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que os viños galegos con Denominación de Orixe lideran en prezos o mercado nacional

Un estudo elaborado pola consultora Nielsen confirma que os viños galegos ocupan o primeiro lugar en prezos no mercado español, tanto na canle de hostalaría como na de alimentación

12/04/2024 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a oitava edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural