Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 184 novas da área temática Auga:

12/04/2024 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede axudas a 27 concellos para realizar auditorías nas redes municipais de abastecemento

O número de concellos beneficiarios podería incrementarse, xa que algúns solicitantes están completando o traslado da documentación necesaria a Augas de Galicia

10/04/2024 | 19:07 | C. do Mar

A Xunta apoia as demandas do sector e reclama ao Goberno central que asuma os seus compromisos como promotora da dragaxe da ría do Burgo

Desde a Consellería do Mar sinalan que o Goberno galego ven colaborando desde o inicio desta actuación aportando a información precisa para a realización dos cálculos das compensacións económicas aos profesionais afectados

08/04/2024 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 6,3 M€ a dixitalización do rexistro de captacións de augas na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Estes traballos permitirán á entidade hidráulica da Xunta dispor dunha potente Plataforma tecnolóxica de apoio nas tramitacións relacionadas coa xestión da auga

03/04/2024 | 10:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora da captación de auga da comunidade de usuarios de Guimarei

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, comprobou o resultado das accións executadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria

27/03/2024 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/03/2024 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de adaptación medioambiental da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, nos concellos de Santiso e de Melide

O obxectivo é executar as actuacións necesarias no salto para permitir o remonte dos peixes para favorecer a súa reprodución

24/03/2024 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polos concellos de Ribadumia, de Cambados e de Vilanova de Arousa

Os traballos estanse a desenvolver no río Umia, no rego do Sisto, no rego de Lobeira e nun río innominado, nos seus percorridos polas distintas parroquias destes tres municipios da comarca do Salnés

24/03/2024 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego Vilar, en Ribadeo

Intervense en distintos treitos deste rego no seu percorrido pola parroquia da Devesa

23/03/2024 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Ouro, en Alfoz

Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude de máis de 1,3 quilómetros

22/03/2024 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta divulga entre os alumnos do CEIP Ledicia de Ferrol medidas de prevención e redución do risco de inundacións

Os escolares coñeceron a batería de propostas para anticiparse ás inundacións e reducir o seu impacto nas 3 áreas da comarca de maior vulnerabilidade, identificadas no río Cádavo, ao seu paso por Fene; no río Belelle, en Neda; e no rego de Aneiros, no concello de Ferrol