Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 434 novas da área temática Deporte:

12/04/2024 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o poder das ás da Vig-Bay coas que 5.000 corredores completan os 21 quilómetros entre Vigo e Baiona ou os 10,5 desde Nigrán

Lembra o bo momento da maratón galega coa consecución das mínimas olímpicas por parte de Tariku Novales, no pasado mes de decembro e de Ester Navarrete, en febreiro

11/04/2024 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa asegura que a Liga Galega de Hip Hop levará o baile deportivo a toda a poboación

Serán catro probas que comezarán este domingo en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e o 29 de xuño en Marín

10/04/2024 | 13:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca o papel dos deportistas paralímpicos coma embaixadores de Galicia polo mundo

Salientou o “esforzo diario” que realizan os profesionais do deporte e asegurou que os seus éxitos “serán os de todos”

05/04/2024 | 17:05 | A Presidencia da Xunta

Lete Lasa anuncia que a finais do presente ano Galicia será a comunidade pioneira cunha conta satélite do deporte

Destaca a importancia das administracións na xestión tanto do deporte profesional coma o non profesional e indica que o futuro pasa por dar resposta aos catro principios de gobernanza, transparencia, sostibilidade financeira e solidariedade financeira

04/04/2024 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 300 nenos e nenas participan en Tomiño nunha xornada de introdución á loita do Programa Xogade

O delegado territorial destacou a importancia de fomentar actividade física durante a infancia

04/04/2024 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza a traxectoria de Susana Rodríguez Gacio nos Premios Nacionais do Deporte 2022

Lembra que a Xunta propón este ano á deportista viguesa como candidata ao Premio Princesa de Asturias 2024 e amosa o seu  convencemento de que “conta con méritos máis que suficientes para optar ao recoñecemento”

03/04/2024 | 18:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o Campionato de España de Karate e Para-Karate de Pontevedra como a antesala da Youth League que volverá a Galicia en maio

Remarca a aposta que fai Galicia pola tecnificación xa que tras os cinco anos que o karate estivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (2008-2023) coincidindo co seu ciclo olímpico, agora conta cun Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado