Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 442 novas da área temática Deporte:

24/04/2024 | 18:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na II Copa de Marcha Nórdica que se desenvolverá polo adarve da muralla de Lugo con récord de atletas, entre eles varios campións de España e de Europa

O evento ten un importante carácter solidario, xa que o 20 % do custo da inscrición se doará á asociación Somos Unidos Contra el Cáncer 

24/04/2024 | 14:33 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o campionato do mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana en epicentro mundial da motonáutica

O secretario xeral para o Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas de primeiro nivel en todo tipo de disciplinas

23/04/2024 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/04/2024 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O piloto Alonso Liste disputará os campionatos galego e europeo de automobilismo de montaña con vehículos preparados no CIFP As Mercedes

No rallye galego competirá a bordo dun Fórmula 3 desenvolvido integramente por alumnos e profesores do centro e no europeo pilotará o Ginetta G55 que anualmente poñen a punto neste CIFP

22/04/2024 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda recibe ás xogadoras e técnicas do Deportivo Abanca despois do ascenso

Destaca ás xogadoras como un gran exemplo para todas as nenas galegas

22/04/2024 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 2 M€ no apoio á actividade de máis de 1.300 entidades deportivas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de axudas para clubs, sociedades anónimas, seccións e núcleos de adestramento especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas

12/04/2024 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o poder das ás da Vig-Bay coas que 5.000 corredores completan os 21 quilómetros entre Vigo e Baiona ou os 10,5 desde Nigrán

Lembra o bo momento da maratón galega coa consecución das mínimas olímpicas por parte de Tariku Novales, no pasado mes de decembro e de Ester Navarrete, en febreiro