Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 314 novas da área temática Emprego :
16/11/22 | 13:14  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Lorenzana pon en valor o emprendemento feminino que contará en 2023 con apoios específicos en etapas iniciais e de expansión dos proxectos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou no encontro ‘Emprendedoras e desenvolvemento sustentable’ da Fundación Mujeres na Coruña

15/11/22 | 14:25  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 214.000 euros no programa integrado de emprego de Ferrol que mellorou a formación e o acceso laboral a un centenar de persoas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na xornada de clausura onde destacou a porcentaxe de inserción laboral lograda pola iniciativa, un 40%

15/11/22 | 14:14  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O servizo de orientación xurídico-laboral que ofrecen a Xunta e o Colexio de Graduados Sociais respostou un cento de consultas en Pontevedra no que vai de 2022

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe nunha charla informativa sobre estes gabinetes de asesoramento

15/11/22 | 13:28  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta titorizou cerca de 100 proxectos e contribuíu á creación de 17 novas entidades de economía social no que vai de 2022 grazas ao traballo da Rede Eusumo

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede Eusumo, acompañou este ano cerca de 200 persoas, o 60% mulleres, na maduración de ideas e modelos de negocio da economía social
 

15/11/22 | 12:35  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta completa o proceso de estabilización docente coa convocatoria de 125 prazas do concurso-oposición e que eleva a 4.000 os postos educativos en dous anos

A Consellería de Educación remite á Mesa Sectorial Docente a proposta de distribución das prazas en 54 especialidades de Ensino secundario, mestres e especialistas en sectores singulares de FP, escolas oficiais de idiomas, Música e Artes escénicas e Artes plásticas e deseño

15/11/22 | 12:07  | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia comeza hoxe unha campaña de escoita ao persoal do Sergas mediante enquisas para crear un “contorno de traballo saudable” e mellorar a organización

A Consellería de Sanidade pon en marcha unha ambiciosa campaña para a realización de enquisas a todo o persoal do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas como 061, Galaria, ADOS, ACIS, entre outras

14/11/22 | 12:27  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda xa titoriza unha vintena de proxectos empresariais

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego inaugurou o encontro de empresas tractoras para detectar ideas de negocio de futuros emprendedores no norte de Pontevedra e Rías Baixas
 

14/11/22 | 11:59  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta inviste 504.000 euros na formación dunha vintena de alumnos no Obradoiro dual de emprego que comparten Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as clases onde puxo en valor os obradoiros de emprego dual como exemplo do compromiso do Goberno galego coa xeración de traballo na comarca

13/11/22 | 12:00  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa Emega da Xunta apoia 57 iniciativas empresariais de mulleres en Lugo, cun investimento de 709.000 euros

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explican que a convocatoria deste ano chega a 28 concellos lucenses e axuda a crear ou consolidar 92 postos de traballo femininos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: