Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 490 novas da área temática Sanidade :
02/05/22 | 10:16  | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.581 casos activos por coronavirus

Un total de 568.301 pacientes xa están curados

02/05/22 | 10:03  | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 49 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico

01/05/22 | 15:12  | C. de Sanidade

O dispositivo de atención sanitaria aos refuxiados desprazados de Ucraína posto en marcha pola Xunta na Cidade da Cultura leva atendidas a 380 persoas

O obxectivo xeral da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade é levar a cabo as actuacións necesarias para promover e mellorar a saúde das persoas desprazadas a Galicia dende Ucraína, así como previr e detectar enfermidades

30/04/22 | 16:39  | C. de Sanidade

O Sergas dispensa 66 tratamentos dos antivirais contra a covid-19 no seu primeiro mes de prescrición

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos destacase dentro do Servizo Galego de Saúde coa dispensación de 22 tratamentos destes fármacos
 
Desde o pasado 28 de marzo, os medicamentos ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’ engadíronse á listaxe de recursos dispoñibles para loitar contra o coronavirus
30/04/22 | 10:51  | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.987 casos activos por coronavirus

 Un total de 564.858 pacientes xa están curados

29/04/22 | 14:44  | C. de Sanidade

A Xunta constitúe os grupos de traballo que elaborarán o Plan de trastornos adictivos de Galicia 2023-2026

Un dos grupos abordará a prevención, outro a asistencia e un terceiro, a incorporación social

29/04/22 | 11:34  | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 70.000 euros para actividades de información e apoio aos familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, asinaron un convenio que contempla actividades de información e apoio aos familiares e coidadores, así como formación continuada dos profesionais que traballan coas asociacións

28/04/22 | 15:43  | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Infraestruturas e Mobilidade; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible

Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital

27/04/22 | 18:44  | C. de Sanidade

A Xunta realizou visitas técnicas para avaliar parcelas a todos os concellos incluídos no Plan de infraestruturas de Atención Primaria que o solicitaron

Xa se asinou en Boborás o primeiro convenio dos centros da fase 1, ao que seguirán proximamente os de Muiños e Noia

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: