Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.033 novas da área temática Sanidade:

24/04/2024 | 13:32 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade lembra os investimentos da Xunta de máis de 8 M€ na nova UCI do Hospital Universitario de Ourense

Antonio Gómez Caamaño dá conta no Parlamento do incremento de máis do 30 % da capacidade asistencial da unidade de coidados intensivos do CHUO 

24/04/2024 | 11:27 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promove unha nova campaña especial en colaboración coa Asociación Deportiva Cerne de Melide

Unha unidade móbil de ADOS visitará Melide o xoves 25 de abril de 10,15 ás 14,00 e das 16,15 ás 21,00 horas

23/04/2024 | 18:48 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes da Asociación Española Contra o Cancro da Coruña e de Ferrol coa vista posta na prevención

Antonio Gómez Caamaño coincide coa entidade no valor dos cribados de cancro e a prevención do tabaquismo

23/04/2024 | 12:24 | C. de Sanidade

O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental

Trátase de persoal facultativo de 93 especialidades que se incorporará a hospitais comarcais e, para as sete áreas sanitarias, 44 psiquiatras e 37 psicólogos no ámbito da saúde mental

22/04/2024 | 21:11 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020

Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10 % máis que no 2023

22/04/2024 | 15:47 | C. de Sanidade

A Xunta exporta a Suecia e Italia a plataforma de teleasistencia domiciliaria do Servizo Galego de Saúde

Durante dúas xornadas, delegacións destes países europeos coñecerán o funcionamento do sistema de teleasistencia do Sergas 

22/04/2024 | 14:48 | C. de Sanidade

A Xunta eloxia as vocacións científicas que promove o concurso Reimaxina a Ciencia no que participaron máis de 1.500 estudantes galegos

O conselleiro de Sanidade entrega o premio ao proxecto gañador de tres alumnas do IES Agra do Orzán (A Coruña)

19/04/2024 | 18:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña o traballo dos profesionais na primeira reunión cardioprimaria en Lugo

O máximo responsable do Sergas, pon en valor o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, instaurado pola Xunta no 2005, e pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial

19/04/2024 | 13:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra 28 días menos de demora que a media nacional no acceso ás primeiras consultas co especialista

O tempo medio de espera en Galicia sitúase nos 73 días, mentres que a media do Sistema Nacional de Saúde fica nos 101 días