Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 5306 novas da Fonte: :
16/03/23 | 15:19  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta investirá máis de 700.000 € na restauración da igrexa do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en Guntín

As actuacións teñen como obxectivo fundamental solucionar os problemas de humidade e colonización biolóxica presentes na igrexa

16/03/23 | 15:00  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta destaca a aposta de Metalúrgica BB pola diversificación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Carballo as instalacións desta empresa familiar que está sabendo interpretar as necesidades que existen no mercado para darlle resposta

16/03/23 | 14:51  | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Política Social e Xuventude

A Xunta cubrirá gastos de desprazamento e manutención a familias de afectados por enfermidades raras que sexan tratados fóra de Galicia

Rueda avanza que o Portal de Transparencia publica hoxe o proxecto da orde que regulará a cobertura do custo das viaxes, sustento e aloxamento

16/03/23 | 14:50  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta e Ecoembes completan a implantación en Galicia da recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón

Sagrario Pérez salienta que unha gran maioría dos galegos están xa totalmente comprometidos coa xestión sustentable e eficiente dos residuos urbanos e cun consumo máis responsable nos seus fogares

16/03/23 | 14:36  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 618.800 € no reforzo de equipamento deportivo de máis dun cento de entidades deportivas da provincia de Lugo

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de equipamento concedido a 42 clubs e federacións da cidade lucense, o que supuxo un investimento de máis de 263.400 euros

16/03/23 | 14:03  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Xuventude

A Xunta inviste algo máis de 1 M€ na reforma e mellora da accesibilidade dos baños da residencia de maiores de Laraxe

A intervención, que conta cun prazo de execución de 10 meses, contempla a renovación de acabados e instalacións dos 93 cuartos de baño de habitación, os 8 baños xeriátricos e os 10 aseos comúns de planta cos que conta o edificio

16/03/23 | 13:56  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Trenor anuncia un investimento de máis de 200.000 € para instalar ascensores en tres centros educativos da cidade da Coruña

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións, de mellora da accesibilidade, teñen como obxectivo “ofrecer un mellor servizo á comunidade educativa”

16/03/23 | 13:56  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta defende nas Pontes unha transición enerxética ordenada que non deixe atrás o tecido industrial

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha xornada informativa, onde puxo de relevo o papel exemplarizante e incentivador que as administracións teñen que adoptar neste contexto

16/03/23 | 13:48  | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos de roza e posta a punto do novo polígono agroforestal de Mandelos, no concello de Crecente

Este polígono mobilizará algo máis de 45 hectáreas de superficie, divididas en 391 parcelas propiedade de 183 veciños

16/03/23 | 13:38  | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia regulará o uso da intelixencia artificial na administración autonómica

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe o acto de presentación do Estudo sobre o marco ético normativo e adopción da intelixencia artificial en Galicia, elaborado polas tres Universidades galegas.

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: