Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 518 novas da C. de Infraestruturas e Mobilidade :
06/05/22 | 14:37  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta mantén a prealerta por seca en toda a conca da demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos

 A oficina técnica da seca amosa preocupación pola situación xeral de cara ao verán e especialmente polos rexistros de caudais circulantes, que en abril estiveron un 48% por debaixo dos valores habituais nese mes

06/05/22 | 14:26  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta licita por máis de 2,5 M€ as obras de mellora do firme na estrada LU-113 ao seu paso polo concello de Abadín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que se acondicionarán os últimos 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico

06/05/22 | 14:18  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña poñen en marcha a recuperación da fachada marítima investindo 3,1 M€ na estrutura flotante do Parrote, que estará rematada en 2023

O Goberno galego traballa xa na tramitación do convenio coa Autoridade Portuaria para materializar a colaboración nesta actuación

06/05/22 | 13:43  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a actualización das tarifas aplicables aos servizos de taxi no ámbito interurbano, en vigor desde o 23 de maio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende a solicitude a revisión de prezos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo, de acordo co Consello Galego de Transportes, que estaban vixentes e sen variación desde o ano 2014

05/05/22 | 14:27  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 9 ofertas para redactar o proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa

O contrato, licitado por importe de 475.023 €, consta dun prazo de 4 meses para entregar o proxecto básico e 5 para ultimar o proxecto de execución

05/05/22 | 14:18  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez informa ao alcalde de Moraña da licitación este verán da renovación de beirarrúas na PO-226, cun investimento da Xunta de 310.000 euros

Melloraranse as beirarrúas nun treito de 300 metros, desde a intersección coa PO-221 e o quilómetro 5+600 da estrada PO-226, adecuándoas á normativa de accesibilidade

05/05/22 | 13:23  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para construír unha glorieta na intersección das estradas autonómicas LU-530, LU-740 e LU-730 na Fonsagrada

O contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, conta con 9 meses de prazo para a redacción do proxecto

05/05/22 | 12:38  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-230, no concello de Curtis

Este contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 8 meses

05/05/22 | 10:51  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Os autobuses interurbanos da Xunta transportaron no primeiro trimestre do ano un 32% máis de viaxeiros que no mesmo período de 2021

Marzo foi o mes con maior demanda desde o inicio da pandemia da COVID-19, superando os 2,9 millóns de usuarios

04/05/22 | 14:53  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta continúa avanzando no emisario submarino dos Praceres, en Pontevedra, coa perforación do túnel rematada e unha execución dos traballos que acada o 44 %

Xa se ten completado o tramo en túnel do emisario, cunha lonxitude final de 690 metros, que se acometeu coa máquina tuneladora procedente de Alemaña, xa retirada

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: