Actualidade
Buscador de novas
A Xunta renova parte do parque móbil dos servizos de Patrimonio Natural e Recuperación de Fauna cun investimento de máis de 2,6 millóns de euros
O contrato permite dotar ao persoal de camionetas estilo pick-up, coches SUV 4x4, furgonetas e vehículos todoterreo para facilitar o seu labor nas zonas forestais ou de difícil acceso nas que adoita desenvolver a súa actividade
A Xunta convoca axudas por 1,63 M€ para impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos 6 parques naturais de Galicia
Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de ata 12.000 € no caso de particulares, empresas e asociacións e de 40.000 € no dos concellos
A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a praia das Catedrais, que conta xa con case 13.700 reservas para Semana Santa
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á media dos últimos anos, de arredor de 20.000 visitantes
A Xunta abre ao público o primeiro museo de arqueoloxía de Ons para dar a coñecer os restos patrimoniais atopados na illa nos últimos anos
Ángeles Vázquez salienta que grazas aos traballos executados pola Universidade de Vigo co apoio do Goberno galego hoxe é posible “reconstruír” parte da historia do arquipélago e do modo de vida e os costumes dos seus primeiros habitantes
A Xunta abre mañá a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira
A Administración autonómica avanza no impulso deste novo instrumento de política industrial e este será o cuarto plan aberto á opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas
Galicia concedeu nos últimos tres anos máis de 150 axudas para compensar ou previr os danos do oso por importe de arredor de 110.000 euros
A comunidade galega participou a semana pasada no grupo de traballo da cordilleira cantábrica sobre esta especie co obxectivo de analizar as actuacións desenvolvidas ata o momento e estudar medidas coas que optimizar a coordinación
A Xunta destina preto de 190.000 € ao mantemento do radar meteorolóxico, da rede de raios e do equipo de radiosondaxe da comunidade
O radar situado en Cuntis permite realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da meteoroloxía
A Xunta denuncia que a tramitación do novo regulamento xeral de Costas do Estado exhibe as mesmas eivas que a do anulado polo Tribunal Supremo
O Executivo galego censura que a consulta pública previa sobre esta normativa recolle xeneralidades incompatibles coa obriga legal de poñer a disposición da cidadanía toda a información necesaria para emitir unha opinión fundamentada
A Xunta ampliará o visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta ata chegar a case 80 rutas e preto de 3.000 km
Ángeles Vázquez subliña que ante o éxito desta ferramenta dixital entre os amantes do ciclismo e os turistas que visitan a Comunidade, o seu departamento prevé incrementar este ano nun 50% os 52 roteiros que xa están dispoñibles para descarga