Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 401 novas da área temática Forestal:

17/04/2024 | 19:44 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

17/04/2024 | 14:11 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes

O lume afectou unha superficie de 170 hectáreas, das cales 160 corresponden a monte arborado e as 10 restantes a raso

17/04/2024 | 12:10 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa

O lume, que afectou a zona transfronteiriza con Portugal, abrangueu finalmente unha superficie de 23,45 hectáreas de monte raso en territorio español

17/04/2024 | 11:04 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa

Segundo as últimas estimacións, o lume, que afecta a zona transfronteiriza con Portugal, abrangue unha superficie de arredor de 20 hectáreas en territorio español

17/04/2024 | 08:37 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

16/04/2024 | 20:17 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha

16/04/2024 | 14:49 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal en Crecente (Pontevedra)

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha

16/04/2024 | 12:46 | C. do Medio Rural

Incorpórase hoxe o persoal laboral contra incendios da Xunta, que traballará xa este ano durante 7 meses, mellorando a súa estabilidade e incidindo na prevención

A medida beneficia case un milleiro de traballadores, que viñan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora, de xeito gradual, irán incrementando os seus contratos ata os 9 meses, no horizonte de 2026

16/04/2024 | 08:43 | C. do Medio Rural

O incendio forestal en Crecente (Pontevedra) evoluciona favorablemente cara a súa estabilización

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 50 hectáreas

15/04/2024 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta fomentará o uso de gando extensivo nos montes coma ferramenta para previr os incendios forestais

Rueda destaca que unha das principais novidades do Plan de prevención deste ano é un proxecto piloto con rabaños públicos no Xurés que se completa cunha liña de achegas para impulsar este sistema entre os gandeiros