Actualidade
O conselleiro de Sanidade resalta a importancia de promover unha conciencia social proclive á doazón e o transplante entre os escolares galegos no Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos
Julio García Comesaña preside a entrega de premios do IV Concurso de Carteis para escolares e o VIII de Curtametraxes
O conselleiro de Sanidade insiste no seu apoio as políticas de igualdade no Servizo Galego de Saúde
As obras de urbanización da primeira fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol fan necesario o corte parcial do tráfico rodado desde mañá
A Xunta destina case 910.000 euros a esta actuación, destinada a dotar de acceso viario a planta soto -2 proxectada na ampliación do complexo hospitalario, que se destinará a servizos auxiliares de lavandería e restauración
Rueda salienta a traxectoria do CHUS como referente nacional en cirurxía ocular, exemplo da aposta da sanidade pública galega pola innovación
Incide no compromiso do Goberno autonómico coa renovación integral do Servizo Galego de Saúde, con máis e mellores servizos
Galicia rexistra un total de 8.384 casos activos por coronavirus
Un total de 605.871 pacientes xa están curados
Gabriel Alén fixo un chamamento aos escolares e á toda mocidade da provincia para colaborar na loita contra o tabaquismo
O delegado territorial subliñou as actuacións de prevención, promoción o tratamento do tabaquismo, realizadas pola Xunta de Galicia dentro do Programa galego de vida sen tabaco
A Xunta construirá en Ribadeo un novo centro de saúde que superará nun 30% a superficie do actual
O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron hoxe o protocolo que permitirá a cesión á Xunta da parcela na que se edificará a infraestrutura sanitaria
Galicia rexistra un total de 8.508 casos activos por coronavirus
Un total de 604.879 pacientes xa están curados
Mañá remata o prazo para presentarse á convocatoria da Oferta Pública de Emprego da Xunta para cubrir 106 prazas fixas de médico especialista en atención primaria
Galicia é a primeira comunidade autónoma en empregar o sistema de selección por concurso de méritos para paliar o déficit de médicos
O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 49 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 27 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 29 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico