Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 518 novas da C. de Infraestruturas e Mobilidade :
02/05/22 | 15:59  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra

Habilitouse unha senda de 630 metros de lonxitude e unha condución de pluviais dispoñendo 84 metros de tubaxe

01/05/22 | 13:05  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos no concello de Poio

Augas de Galicia leva a cabo estas actuacións en 6 regos, sumando os treitos obxecto das intervencións unha lonxitude de máis de 4,6 km

01/05/22 | 10:58  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Grande ao seu paso polos concellos de Carballo e de Coristanco

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 5 km

30/04/22 | 16:49  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Chamoselo e Eume, no concello das Pontes de García Rodríguez

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

30/04/22 | 15:10  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Entra en funcionamento a rede de subministro de gas natural do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra

O gasoduto que dota de gas natural ao actual edificio hospitalario e a 150 puntos do barrio de Monte Porreiro discorre polos terreos da ampliación, polo que foi necesario desprazar a rede para evitar cortes e non alterar o ritmo de construción

30/04/22 | 12:00  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta mellora desde o martes os servizos de autobús entre Mazaricos e Noia coa ampliación ata A Picota dunha das liñas

A prolongación do itinerario entre O Pino de Val e A Picota facilita, principalmente, os desprazamentos dos estudantes de Mazaricos ata os institutos de Noia

30/04/22 | 11:04  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta remata as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tinto e do rego do Fixo, no concello de Teo

Estes traballos realizáronse ao seu paso por distintos lugares da parroquia de San Xoán de Calo ao longo de máis de 4 km

29/04/22 | 14:41  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta solicítalle ao concello de Burela a documentación municipal necesaria para impulsar a execución do novo colector e mellorar o saneamento, que suporá un investimento autonómico de 5,2 M€

O Concello deberá realizar o trámite de información pública e remitir o certificado do Pleno no que se aproba o proxecto, así como o documento acreditativo da disposición dos terreos para executar as obras

29/04/22 | 14:13  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

Os avances na execución do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón suporán afeccións ao tráfico desde o vindeiro luns, 2 de maio

Os traballos de construción do carril adicional para a incorporación á AG-53 do tráfico proveniente da estrada N-525, obrigan ao corte carril dereito da calzada dereita da autovía en sentido Ourense, entre os puntos 59+400 e 59+950

29/04/22 | 13:20  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta entrega novas marquesiñas de trasporte público a tres concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense instalaranse cinco unidades, a colocada hoxe en Castrelo de Miño, dúas no concello de San Cibrao das Viñas e outras dúas no concello de Esgos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: