Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 129 novas da área temática Función pública:

02/08/2024 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Asignadas un total de 7.037 prazas de profesores na adxudicación de destinos para o vindeiro curso, 90 máis que o pasado ano

Esta é unha das vías, pero non a única, de dotación de profesorado nos centros, cuxo número total se pechará en setembro cando a Consellería complete o proceso de organización de aulas e recursos para asegurar a máxima atención educativa

02/08/2024 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a contratación de socorristas en 185 concellos, un 20% máis que en 2023

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Laxe, un dos concellos beneficiarios da orde de axudas dotada con 1,5M€

02/08/2024 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou ao rexedor sadense que a reestruturación levada a cabo no corredor A Coruña-Mera-Sada para incorporar novas frecuencias e eliminar duplicidades só supuxo cambios en 11 servizos en horario de menor afluencia

02/08/2024 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 454.500€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

22/07/2024 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concerta once prazas para persoas sen fogar no centro de acollida e inclusión Padre Rubinos da Coruña

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a resolución do concerto social convocado para a prestación deste servizo

03/07/2024 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo para que as escolas infantís privadas e de iniciativa social se adhiran á gratuidade o vindeiro curso

O próximo ano 2025, estes centros comezarán a aplicar por vez primeira uns criterios de acceso homoxéneos, dándolle prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan, entre outras

30/06/2024 | 16:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora no Fogar Residencial de Taboadela

Sufragará con 90.000 euros a impermeabilización das fachadas do centro, que executará o concello por tratarse dun edificio de titularidade municipal

29/06/2024 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

29/06/2024 | 16:14 | C. de Política Social e Igualdade

As familias poden empregar agora a Tarxeta Benvida desde a semana 21 de embarazo

O Goberno galego incrementou esta semana o crédito da Tarxeta Benvida ata os 35,5 millóns de euros para atender a todas as familias que reúnen cos requisitos