Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 562 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

19/06/2024 | 15:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta salienta o labor dos programas do voluntariado social para evitar a exclusión social da mocidade en situación de vulnerabilidade

A directora xeral de Xuventude anima á participación nestas accións para construír unha sociedade “máis humanizada, xenerosa, tolerante e saudable”

19/06/2024 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de ‘Dique’, a nova coprodución da Xunta e Nova Galega de Danza

A última proposta da compañía recupera a historia esquecida das máis de 200 mulleres que traballaron na construción do Dique da Campá de Ferrol entre 1874 e 1879, a través dun diálogo entre danza a contemporánea e a tradicional

19/06/2024 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta prevé investir 413.000 euros en corrixir a entrada de humidades na cabeceira da catedral de Lugo

A Delegación Territorial acolleu hoxe unha xuntanza entre responsables do Goberno autonómico e do Concello porque será preciso actuar sobre espazos públicos e canalizacións para as obras de drenaxe

18/06/2024 | 15:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño

18/06/2024 | 15:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, entrega os diplomas aos cativos do colexio Carmelitas de Ourense en recoñecemento polo seu traballo nesta iniciativa

18/06/2024 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Congreso Internacional Mundos Digitales volve situar Galicia no epicentro da animación e os efectos visuais co patrocinio da Xunta

Celébrase na Coruña do 4 ao 6 de xullo co foco posto nas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real ao sector da radiodifusión

18/06/2024 | 14:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia a primeira edición do ‘Valadouro Rock’, que congregará a nove bandas o sábado en Ferreira do Valadouro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto cos promotores do festival, Agustín Claverol e Sergio Rubio

18/06/2024 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra a creación dun novo espazo cultural coa restauración do pavillón historicista de San Martiño Pinario

O proxecto, posto en marcha en 2022 por iniciativa do Goberno galego, forma parte do Plan Director do Mosteiro

18/06/2024 | 13:24 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Deputación convidan a redescubrir a beleza da Vía da Prata ao paso por Ourense a través da ollada de grandes nomes da fotografía clásica e actual

A Vía da Prata. Aires do Sur reúne un cento de imaxes capturadas por referentes da fotografía do último século e medio, desde Nicolás Muller, Otto Wunderlich ou Jean Laurent a Ana Turbau, Carmenchu Alemán ou Cristina García Rodero

17/06/2024 | 19:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo gaba a capacidade do alumnado de Primaria e ESO para achegarse á figura do Picasso coruñés

O director xeral de Cultura participou na entrega dos premios do IX Concurso de Debuxo Picasso, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña co apoio da Xunta