Actualidade
Buscador de novas
A Cidade da Cultura celebra o Día da Música cun concerto de Budiño acompañado por novos talentos do ‘neo-tradicional’ galego
As voces, percusión, guitarra, electrónica e acordeón de Tania Caamaño, Inés Salvado (De Vacas), Andrés Boutureira e Fran Barcia, sumaranse ao gaiteiro no escenario da Praza central do Gaiás
A Xunta renovou a cuberta da igrexa parroquial de Carballido, en Lugo, cun investimento de 115.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a intervención serviu para resolver o problema de filtración de humidades no templo, situado no Camiño Primitivo
López Campos resalta a “máxima protección” do Corpus Christi no seu primeiro ano como BIC
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste á ofrenda floral en homenaxe aos alfombristas falecidos
Valentín García destaca o “grande apego pola linguaxe popular” do poeta Xosé Crecente Vega
O secretario xeral da Lingua participa nos actos de recoñecemento a este autor coincidindo co 128 aniversario do seu nacemento
Lara Meneses destaca o papel da rede de residencias xuvenís da Xunta no apoio á formación académica da mocidade
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude oferta este curso 2023/2024 máis de 224 prazas, das cales un 9% están reservadas para vítimas de violencia de xénero
A Xunta abre mañá as inscricións nos campamentos de xuventude para maiores de 18 anos
En total hai 200 prazas dispoñibles que se distribúen en cinco programas diferentes e serán adxudicadas por orde de recepción
A Xunta organiza unha vintena de actividades para celebrar a Semana Internacional dos Arquivos
Visitas teatralizadas e xornadas de portas abertas, xunto a obradoiros, conferencias, e propostas musicais para achegarlle á cidadanía a actividade dos cinco arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O Gaiás oferta co campamento de natureza “Raíces e ás” unha alternativa de conciliación no verán ao tempo que fomenta a conciencia ambiental na infancia
Trátase dunha iniciativa concibida para fomentar entre as novas xeracións valores como a igualdade, o traballo en equipo, o vencello coa natureza ou a creatividade