Actualidade
Buscador de novas
A caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibe preto dun cento de propostas na súa primeira semana
A campaña ‘O mellor espazo busco o mellor contido’ da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continuará en funcionamento ata finais de setembro
A danza contemporánea galega desembarca na Tanzmesse de Düsseldorf co apoio da Xunta
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coordina a primeira delegación galega no maior encontro internacional do sector, en aplicación do Plan Integral para a Danza de Galicia no relativo ao impulso da proxección exterior das nosas compañías
A serie galego-portuguesa ‘Lume’, cofinanciada pola Xunta, entra na recta final da súa rodaxe
Recibe unha subvención de máis de 240.000 euros a través da convocatoria de axudas á produción audiovisual da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A Xunta inaugura nas Hejduk unha instalación que emprega unha montaxe lumínica para facer vivir ao público unha experiencia de conexión entre persoas
‘H+E’ é un proxecto artístico interactivo co que a creadora visual Isabel Merchante e o crítico e comisario Óscar Manrique renden tamén tributo á amizade que uniu aos arquitectos Peter Eisenman e Jonh Hejduk
López Campos salienta a importante achega das tradicións ao patrimonio cultural galego
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na procesión e romaría popular dos Milagres de Requián, no municipio pontevedrés da Estrada
O pop de Santi Araújo e de Rocío Saiz pechan o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ tras recibir máis de 5.000 asistentes
O galego presenta o xoves 29 na Cidade da Cultura o seu disco, ‘Canciones para bailar’, no que mestura indie pop alegre con aires de bossanova, folk e psicodelia
A Xunta pon en valor a torre fortaleza de Montes apostando pola dixitalización do patrimonio
Un vídeo e a recreación do castelo baseada nun modelo interactivo en 3D son algúns dos recursos que pon a disposición do público esta iniciativa
López Campos destaca os minicampamentos como unha “gran opción para coñecer Galicia e o seu patrimonio”
Xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, acompaña á cativada de 9 a 14 anos que goza “de vivir experiencias en contornas naturais e culturais”