Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.080 novas da área temática Áreas temáticas:

19/04/2024 | 12:15 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social de tres novos polígonos agroforestais

Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo

19/04/2024 | 10:50 | C. do Mar

Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán

As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %

18/04/2024 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia

18/04/2024 | 19:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/04/2024 | 18:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas da medida para o mercado de alugueiro

Heriberto García lembra que a lei estatal de Vivenda achega máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional 

18/04/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita “planificada e conxunta” fronte á velutina

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie “é cousa de todos” e avogou por “seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados”

18/04/2024 | 17:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

José López sinala o compromiso do Goberno galego coa promoción da lingua entre a mocidade investigadora

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística impulsados pola USC no marco da colaboración coa Xunta 

18/04/2024 | 17:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento

José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial entre a comunidade universitaria, con feiras ou premios ao emprendemento

18/04/2024 | 16:31 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o papel do Igafa na formación de profesionais no ámbito dos cultivos mariños e como provedor de semente para o sector

Nestas instalacións contan con 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa en tamaño larvario, outros 2 millóns que superan o milímetro que se suman as 10.000 unidades que serán entregadas proximamente ás confrarías da zona