Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 189 novas da área temática Conservación da natureza:

24/07/2024 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dez tramos de canles fluviais no concello de Muros que suman nove quilómetros

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

24/07/2024 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública o plan de xestión do Monumento Natural da Costa de Dexo

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá

23/07/2024 | 14:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
17/07/2024 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia

Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)

17/07/2024 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal

Trátase de case dous quilómetros no marco das actuacións da senda entre Os Remedios e Expourense licitada o ano pasado por preto de 4M€ para habilitar catro quilómetros de itinerario entre a estación intermodal e Expourense e Paco Paz

10/07/2024 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca o traballo da Xunta a prol da conservación e recuperación da píllara das dunas

A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

09/07/2024 | 17:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A xunta consultiva da Reserva dos Ancares aborda as próximas actuacións de mellora e o plan anual de caza

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, participaron na xuntanza, na que se deu conta dos traballos de roza e acondicionamento que acomete a Xunta cun investimento de 600.000 euros

06/07/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste arredor de 115.000 euros na reparación da ponte colgante Cal Grande e ultima o proxecto para arranxar a de Fornelos

A previsión é que as obras na primeira infraestrutura comecen a principios da vindeira semana e que estean rematadas a finais de setembro

28/06/2024 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12 hectáreas a superficie de titularidade pública neste espazo natural

As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de 1.840 hectáreas

27/06/2024 | 11:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural a Carballa da Rocha

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá