Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 134 novas da área temática Patrimonio:

18/04/2024 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A réplica da maqueta do Plan Palacios volve a Vigo tras exhibirse en Madrid catro meses con motivo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés

As pezas, elaboradas polo alumnado do Instituto IES Politécnico, regresan ao hall do edificio da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo para ser expostas de novo tras estar cedidas en préstamo temporal

12/04/2024 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia

A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse tres cursos de ‘Cestería con cables de cores’ impartidos pola cesteira Belén Martínez, de Casa Atlântica, entre o sábado e o domingo no espazo Cocol Madrid

10/04/2024 | 11:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a preservación do patrimonio como unha das principais liñas de actuación da Xunta

Salienta a necesidade de harmonizar a protección dos bens culturais co desenvolvemento orgánico das contornas urbanas

08/04/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comparte cos alcaldes da Ribeira Sacra os seguintes pasos da candidatura a Patrimonio Mundial

O representante da Xunta de Galicia agradece a confianza e a implicación dos axentes locais e animou a continuar avanzando “de xeito conxunto e coordinado”

03/04/2024 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza a humanización da rúa do Pazo de Bouzas incluída no Plan de Sustentabilidade Turística impulsado pola Xunta con fondos europeos

A Dirección Xeral comunicou ao Concello de Vigo a resolución favorable coa condición de realizar sondaxes avaliativas previas

27/03/2024 | 17:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Mostra do Encaixe como exemplo de actualización dos oficios artesanais tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración da edición número 33 deste evento que se celebra en Camariñas ata o día 31 de marzo e que constitúe un escaparate do encaixe e da súa vinculación con outros ámbitos entre os que destaca o da moda

23/03/2024 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia comeza en Valdeorras a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños, que se celebrará en maio

Desde esta fin de semana organízanse viaxes de familiarización para unha vintena de bloggers e instagramers de enogastronomía e viaxes que suman 1 millón de seguidores

17/03/2024 | 18:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a restauración da Igrexa de San Miguel de Riofrío en Mondariz

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visita o resultado dos traballos executados polo Goberno galego ao abeiro dun convenio coa Diocese de Tui-Vigo

07/03/2024 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes