Copias electrónicas auténticas
Compartir
  • whatsapp

Segundo o artigo 27.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

  • "Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que for o seu soporte, polos órganos competentes das administracións públicas nas cales quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido".
  • "As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais."

Solicitude de copias 

Se vostede precisa unha copia electrónica auténtica deber ter en conta que esta só se pode solicitar para un documento ou documentos orixinais. No caso contrario, a súa solicitude será inadmitida.  

Teña en conta que, por exemplo, non se considera un orixinal: a copia en papel dun documento electrónico, a copia simple dunha escritura notarial, un documento no que non se poida diferenciar o orixinal dunha copia...

Non é necesario facer copia electrónica auténtica dos documentos cuxa consulta pode vostede autorizar á administración.

Como consultar e descargar copias electrónicas auténticas de documentos achegados en papel?

Trala elaboración dunha copia electrónica auténtica en calquera das oficinas de atención á cidadanía e rexistro que prestan este servizo, faráselle entrega dun recibo que inclúe un código de verificación. Pode utilizar ese código para descargar o documento electrónico en https://sede.xunta.gal/cve

Na sede electrónica tamén poderá acceder ás copias a través de "A miña sede". Entre e prema no menú "Os meus datos". Alí atopará un acceso a "Copias electrónicas auténticas". Desde ese espazo pode consultar e descargar as copias electrónicas auténticas daqueles documentos que teña achegado en papel e que foran dixitalizados nunha oficina de atención á cidadanía e de rexistro. 

Pago de taxas

A elaboración de copias electrónicas auténticas por parte da Administración require do pagamento previo dunha taxa. O importe desta (para 2022) é de 5,42 euros por cada unidade documental (que podería conter 1 ou varios folios). 

Os pagos poderanse realizar, previa presentación do documento de pago correspondente, en calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia nesta páxina.

O código da taxa é 30.27.00 e os códigos da unidade dependerán da oficina na que vai solicitar a copia: 

Consellería de: Vicepresidencia – 04
Delegación de: Servizos centrais - *
Servizo de: Secretaría – 01 

Código Oficina
10A Coruña
11Ferrol
13Servizos Centrais
14Ordes
20Lugo
22Vilalba
30Ourense
31O Barco de Valdeorras
40Pontevedra
41Vigo
43Lalín