ATENDÉMOLO/A
Oficina de rexistro e información
Img

Que é?

É a unidade da Xunta de Galicia que presta atención e asesoramento á cidadanía para a presentación de documentación, información xeral da Xunta de Galicia e as demais funcións que se describen no apartado seguinte.     

Que servizos ofrece?

  • A recepción e dixitalización das solicitudes, escritos e comunicacións que se acheguen de forma presencial dirixidos a calquera Administración pública, coa entrega do documento xustificativo da súa presentación.
  • A información xeral da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia, estrutura orgánica, convocatoria de bolsas, axudas, subvencións... que estén vixentes no momento da consulta).
  • A emisión de copias auténticas de documentos públicos administrativos ou privados que vaian ter unicamente efectos administrativos.
  • O Rexistro de apoderamentos que permitirá aos particulares inscribir a persoa ou persoas que a representen na súa relación coas Administracións públicas (pendente de implantación en todo o Estado).
  • A asistencia á cidadanía na utilización dos medios electrónicos nas súas relacións coa Administración.
  • A asistencia á cidadanía para a presentación de solicitudes de iniciación de procedementos administrativos que se xestionen na Xunta de Galicia.
  • A notificación por comparecencia aos particulares que o soliciten relativa a asuntos relacionados coa Administración autonómica.
  • A expedición da Chave365.
  • A emisión do certificado electrónico da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre (FNMT).

Quen pode acceder aos seus servizos?

Calquera persoa que precise realizar algunha actividade relacionada coas funcións que se sinalan no apartado anterior, agás para a presentación de documentos para a entrada polo rexistro a aquelas persoas obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración (persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica e quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria).

Para a presentación de documentación é necesario o Documento Nacional de Identidade ou documento identificador equivalente.

Como se pode acceder a estes servizos?

Persoalmente:

Principais oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia:
Resto de oficinas. Horario de atención ao público: das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres.

 

Atención telefónica:

Información administrativa xeral: chamando ao número 012 de luns a venres, de 8 horas a 20 horas.