ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Nodo de interoperabilidade de Galicia - pasaXe!

A cooperación entre as Administracións públicas é esencial para proporcionar servizos aos cidadáns, garantíndolles o seu dereito a relacionarse con elas por medios electrónicos e a non ter que achegar documentos que xa foran elaborados por elas ou obren no seu poder.

Esta cooperación é posible grazas á interoperabilidade, que é a capacidade que teñen os sistemas de información, e os procedementos aos que lle dan soporte, para poder compartir datos.

Ademais dos importantes aforros económicos e de tempo que a interoperabilidade supón, tanto para a propia Administración como para a cidadanía, esta:

  • Beneficia a cidadáns e empresas, en tanto que deixan de estar obrigados a presentar os citados documentos, co que se lles facilitan certas tramitacións.
  • Beneficia á propia Administración, facilitando o acceso aos datos e axilizando a tramitación dos procedementos.          

pasaXe!

pasaXe!, o nodo de interoperabilidade de Galicia, permite a obtención de información de cidadáns ou empresas elaborada pola Administración de xeito sinxelo, seguro, centralizado e respectando a privacidade do cidadán.

O portal de interoperabilidade galego, que xa incorpora máis de 80 servizos, ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionarlle aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

Marco normativo

Coa entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas cambiou substancialmente a forma de acceso aos datos e documentos esixidos polas administracións públicas. Así, estas últimas non poderán requirirlles ás persoas interesadas aqueles datos e documentos que fosen elaborados por elas (acreditación da identidade, residencia, familia numerosa...) nin aqueles outros que xa foran presentados anteriormente e, polo tanto, poderán acceder a eles cando non exista denegación expresa das persoas interesadas.

Adicionalmente, o Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), regulado polo Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, estableceu o conxunto de criterios e recomendacións que deben ser tidos en conta polas Administracións públicas para a toma de decisións tecnolóxicas que garantan a interoperabilidade. Do mesmo xeito, as normas técnicas de interoperabilidade previstas na súa disposición adicional primeira desenvolveron certos aspectos concretos.

Marco de colaboración

Impulsar a interoperabilidade na Administración galega foi posible grazas á cooperación interadministrativa, materializada nos seguintes convenios:

Catálogo de servizos de interoperabilidade da Xunta

Desde a súa publicación, pasaXe! vén incorporando progresivamente novos servizos ao seu catálogo. Estes son os que o conforman actualmente:

Xunta de Galicia

Organismo

Servizo

Xunta de Galicia Título de familia numerosa
Título de familia numerosa autonómico
Certificado de discapacidade
Consulta de permisos de explotación marisqueira (Permex)
Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia a data concreta
Carné Xove
Estar ao corrente de pago coa Xunta de Galicia para contratación coas Administracións públicas
Estar ao corrente de pago coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das Administracións públicas
Consulta de apoderamentos (REAG)
Administración Xeral do Estado

Organismo

Servizo

Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación Consulta de sinaturas para a legalización diplomática de documentos públicos estranxeiros
Ministerio de Educación Verificación de títulos oficiais universitarios
Verificación de títulos oficiais non universitarios
Consulta de condición de bolseira/o
Consulta de listaxe de títulos universitarios
Consulta de listaxe de títulos non universitarios
Consulta de profesións reguladas
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas Consulta de datos de residencia legal de persoas estranxeiras
Consulta de estar inscrito no Rexistro Central de Persoal
Consulta de datos do Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público (ROLECE)
Ministerio de Sanidade Consulta de formación sanitaria especializada
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Consulta das autorizacións de transporte dun/unha titular
Consulta dos datos dunha autorización de transporte
Consulta dos datos dun vehículo adscrito a unha autorización de transporte
Consulta dos datos dunha licenza internacional de transporte
Consulta dos títulos de transporte dun/unha titular
Ministerio de Xustiza Certificado de nacemento
Certificado de matrimonio
Certificado de defunción
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais (avanzado)
Consulta de inexistencia de antecedentes penais (avanzado)
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por NIF
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais por NIF
Consulta de datos de defunción
Consulta de datos de nacimiento
Axencia Estatal de Administración Tributaria Certificado da Renda (IRPF)
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a contratación coas Administracións públicas
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a obtención de licenzas de transporte
Certificado de domicilio fiscal
Imposto de Actividades Económicas (IAE)
Validación de NIF
Nivel de renda
Estar ao corrente de obrigas tributarias coa AEAT para permisos de residencia e traballo para estranxeiros/as
Pensións públicas exentas
Servizos dispoñibles directamente na sede electrónica da AEAT
Dirección Xeral da Policía Consulta de datos de identidade de persoas físicas
Dirección Xeral do Catastro Datos catastrais
Certificación de titularidade
Consulta de bens inmobles
Obtención de certificación descritiva e gráfica de inmobles
Consulta do Certificado de Valor de Referencia e Motivación do Cálculo
Consulta do valor de referencia
Verificación e obtención de documentos catastrais por CSV
Dirección Xeral de Tráfico Consulta de permisos de conducir dun/dunha condutor/a
Consulta de sancións dun/dunha condutor/a
Consulta de datos de vehículos
Consulta de listaxe de vehículos dun/dunha titular
Consulta de sancións dun vehículo
Consulta de datos dun/unha titular dun vehículo por parte do titular dunha vía
Consulta do distintivo ambiental dun vehículo
Instituto Cervantes Consulta de cualificacións para probas CCSE e DELE
Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) Consulta de grao e nivel de dependencia
Instituto Nacional da Seguridade Social Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade
Consulta do histórico das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade
Instituto Nacional de Estatística Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal (só ofrece datos de residentes en Galicia)
Verificación de residencia de ámbito
Consulta de datos padroais (só para procedementos de oficio)
Intervención Xeral da Administración do Estado Consulta de concesións de subvencións e axudas
Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas
Consulta de concesións pola regra minimis
Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) Certificado individual de abonos de servizos
Certificado de afiliación
Consulta de datos de abonos
Consulta de datos de afiliación
Consulta de datos de prestacións de pago único
Certificado de prestacións de pago único
Servizo Público de Emprego Estatal Situación actual de desemprego
Importes de prestación de desemprego percibidos a data actual
Importes de prestación de desemprego percibidos nun período
Estar inscrito/a como demandante de emprego a data actual
Estar inscrito/a como demandante de emprego a data concreta
Tesourería Xeral da Seguridade Social Estar ao corrente de pagamento coa seguridade social
Alta na seguridade social a data concreta
Consulta de vida laboral dos últimos 12 meses
Consulta de vida laboral nos últimos 5 anos
Consulta dos números de afiliación á seguridade social
Conferencia de Reitores de Universidades Españolas Consulta de datos de matrícula universitaria
Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Corpme) Consulta do Rexistro Público Concursal de Rexistradores de España
Outras Comunidades autónomas

Organismo

Servizo

Axencia Tributaria doutras CC. AA. Consulta de datos sobre Imposto de Actividades Económicas de Navarra