Plan de Artesanía de Galicia

O Plan de Artesanía de Galicia 2014 – 2016 ten por obxectivo fundamental o de desenvolver unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector da artesanía galega. O Plan configúrase como unha estratexia específica para Artesanía de Galicia. Conta na súa elaboración coa participación do propio sector e as súas achegas para alcanzar a mellor folla de ruta a seguir.

Compartir
  • whatsapp
...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, segue apostando por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal realizou o presente Plan de Artesanía de Galicia 2014 - 2016.

O Plan de Artesanía de Galicia desenvolve liñas de acción concretas dende o primeiro trimestre do ano 2014 ata o 2016, pero opta por unha visión a longo prazo, imprescindible para poder conseguir un sector artesanal sólido e sostible no tempo.

Para acadar este obxectivo, concretáronse tres grandes retos para a Artesanía de Galicia:

Reto 1. Competitividade. Visión empresas
Reto 2. Marca diferencial. Visión marca
Reto 3. Artesanía innovadora e transversal. Visión ideas

Para dar resposta aos devanditos retos, o Plan articúlase en seis liñas estratéxicas, 12 liñas de acción e 12 obxectivos que, á súa vez, engloban 82 accións a impulsar.

As liñas estratéxicas definidas son:

Liña estratéxica 1: ordenación do sector. Fortalecemento do tecido produtivo artesán, actualización do repertorio de oficios e posta en valor do sector.
Liña estratéxica 2: captación de talento. Formación e mellora continua.
Liña estratéxica 3: comercialización e promoción. A marca artesanía de Galicia como eixe vertebrador da promoción e da comercialización.
Liña estratéxica 4: innovación, deseño e creatividade como aposta.
Liña estratéxica 5: artesanía na rede e uso das novas tecnoloxías.
Liña estratéxica 6: pulo á cooperación intra e intersectorial.
 

Data de actualización: 3/4/2015