Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021

O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade ten por finalidade a posta en marcha, a consolidación e a visibilización de actuacións de distinta índole que inciden na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar, poñendo o foco nun reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes.

...

O Plan é o resultado dun traballo compartido pola totalidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma e do sector público autonómico en aplicación do espírito de cooperación e coordinación institucional que forma parte dos principios reitores deste plan, o que permitiu configurar un programa de medidas que contan cun orzamento de preto de 850 millóns de euros.

O Plan estrutúrase en cinco áreas estratéxicas de actuación nas que traballar para avanzar na conciliación corresponsable:
 

  • A primeira delas, co título de “Xerando conciencia e coñecemento”, ten como obxectivo sensibilizar a sociedade e contribuír ao coñecemento en materia de conciliación e corresponsabilidade.
  • A segunda, “Coeducando para unha sociedade corresponsable”, ten por finalidade traballar mediante unha programación educativa dirixida á eliminación dos estereotipos de xénero que perpetúan a división sexual do traballo e unha distribución asimétrica das tarefas do fogar e os coidados, implicando a toda a comunidade educativa, persoal docente e familias no fomento da corresponsabilidade.
  • A terceira área estratéxica “Artellando unha nova cultura dos tempos” pretende potenciar un cambio cultural xeral no uso dos tempos e na racionalización horaria, coa implicación de distintos actores sociais.
  • A través da área estratéxica catro, “Reforzando o compromiso das organizacións cunha conciliación corresponsable”, trátase de consolidar esforzos xa iniciados e estender os cambios positivos acontecidos en materia de conciliación da vida laboral e privada desde a perspectiva da acción das distintas organizacións, principalmente administracións públicas e empresas.
  • Por último, a quinta área estratéxica, “Fortalecendo os recursos de apoio”, ten por obxecto a provisión de recursos de apoio e medidas económicas de soporte e compensación que permitan que mulleres e homes poidan levar a cabo o proxecto familiar que desexen e facer compatible a actividade laboral co coidado das persoas.


Avaliación e seguimento

O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021 conta cun apartado específico sobre seguimento e avaliación do mesmo. Ao entrar en vigor no ano 2018, aínda non hai seguimento nin datos ao respecto.

 

Data de actualización: 10/04/2018