Plan de actividades 2017 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do primeiro ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

...

A estrutura do plan realízase nos seguintes eixos, e cada un deles ten unha serie de fichas de actividade que concretan as actuacións anuais a desenvolver:

  1. O Issga como órgano técnico transversal da Xunta de Galicia en seguridade e saúde no traballo
  2. Observatorio Galego de Condicións de Traballo
  3. Xestión da sinistralidade. Investigación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais
  4. Coordinación administrativa, colaboración e asesoramento técnico
  5. Programas sectoriais de redución da sinistralidade e de prevención de riscos específicos
  6. Formación, difusión e sensibilización
  7. Procesos de mellora