Plan de actividades 2018 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do segundo ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.

  • whatsapp
...

A estrutura do plan realízase nos seguintes eixos, e cada un deles ten unha serie de fichas de actividade que concretan as actuacións anuais a desenvolver:

  1. Transversalidade
  2. Observatorio
  3. Investigación
  4. Asesoramento técnico e actuacións de coordinación e colaboración
  5. Promoción da prevención e redución da sinistralidade
  6. Formación e difusión da PRL
  7. Mellora continua