Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020

Á Xunta de Galicia lle corresponde deseñar, xunto cos interlocutores sociais, as políticas públicas en seguridade e saúde  no traballo. Con esta estratexia defínense os obxectivos, e reflíctese para cada un deles as liñas de actuación e medidas concreta. Ten un período de vixencia 2017-2020.

...

A estrutura da estratexia realízase nos seguintes obxectivos, e cada un deles ten unha serie de liñas e medidas:

  1. Mellorar a eficiencia das institucións públicas dedicadas á prevención de riscos laborais.
  2. Promover a participación e implicación dos interlocutores sociais e dos actores implicados na seguridade e saúde no traballo.
  3. Mellorar e facilitar o cumprimento efectivo da normativa sobre prevención de riscos laborais, así como a súa vixilancia e control.
  4. Potenciar actuacións das Administracións públicas en materia de análise, investigación, información, promoción, apoio e asesoramento técnico en prevención de riscos laborais.
  5. Promover a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, con especial atención a sectores, actividades empresariais e colectivos e empresas que presentan maior risco.
  6. Potenciar unha formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e a consolidación dunha cultura preventiva na sociedade galega.

Ao rematar 2018 farase unha avaliación intermedia, tal e como figura na propia estratexia.