Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia - 2018

Apróbase o plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

  • whatsapp

O plan consta de 7 programas de inspección:

  1. Accidentes graves: establecementos industriais afectados polo R.D. 840/2015, de 21 de setembro, no seu nivel superior - 16 inspeccións
  2. Parques eólicos: parques eólicos con acta de posta en servizo (autorización de explotación) da anualidade 2003 - 14 inspeccións
  3. Liñas de alta tensión: inspección do cumprimento do Real Decreto 1432/2008, de 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión, situadas nas zonas de protección delimitadas na Resolución de 28 de novembro de 2011 (DOG 21/12/2011) - 100 inspeccións
  4. Gases fluorados: empresas habilitadas segundo se definen no RD 115/2017, de 17 de febreiro - 50 inspeccións
  5. Gases fluorados: aparatos fixos de refrixeración, aire acondicionado ou bomba de calor e sistemas fixos de protección contra incendios que conteñan gases fluorados - 50 inspeccións
  6. Vixilancia do mercado de fiestras e portas motorizadas: empresas fabricantes de fiestras e portas motorizadas - 50 inspeccións
  7. Declaracións responsables: empresas reparadoras de aparatos taxímetros. Inspeccionaranse todas as presentadas ata a data de publicación do plan.