Plan de Transporte Público de Galicia

O Plan de Transporte Público de Galicia concreta a Rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia.

...

A partir do obxectivo xeral do Plan de Transporte Público de Galicia (PTPG), que non é outro que acadar un modelo de transporte público por estrada sostible e eficiente, que se adapte mellor ás necesidades da cidadanía de Galicia, desenvólvense uns obxectivos máis específicos que son os seguintes:

  • Facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade, eficiencia social e sostibilidade económico-financeira e medioambiental.
  • Fomentar e potenciar o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos.
  • Facilitar a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma.

Unha  vez  postas  en  servizo  as  novas  liñas  de  transporte  de  viaxeiros/as  por  estrada,  resultado dos  traballos  de  redeseño  do mapa  das  concesións  actuais,  está previsto avaliar o grao de cumprimento do PTPG e dos seus obxectivos mediante a implantación dun  programa  de  seguimento  do  cumprimento  dos  novos contratos de concesión, a partir unha serie de indicadores cuantificables e de fácil medida.

A relación concreta de indicadores de seguimento e os protocolos para o seu manexo operativo serán definidos nun documento específico.

 

Data de actualización: 23/01/2019