Plan anual da cooperación galega 2019

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais.  Os Plans Anuais serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia a proposta do departamento competente en materia de cooperación para o desenvolvemento previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

...

O Plan Anual da Cooperación Galega 2019 foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 7 de febreiro de 2019, tras a aprobación polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión do 15 de xaneiro de 2019.

O Plan Anual da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2019 é o instrumento anual para levar á práctica o Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento que se executará nos vindeiros anos 2018-2021.

O mencionado Plan recolle os compromisos, medios de actuación e recursos orzamentarios que o goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2019, de acordo coas orientacións establecidas no IV Plan director da cooperación galega 2018-2021, e conta cunha dotación orzamentaria de 5.610.711 euros, o que representa un incremento dun 11,61% con respecto ao aprobado para 2018.