IV Plan director da cooperación galega (2018-2021)

A Lei 3/ 2003, de 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no artigo 9, que a cooperación galega articularase a través de Plans directores e de Plans Anuais. Os Plans Directores serán aprobados polo Parlamento de Galicia a proposta do Consello da Xunta de Galicia previo informe do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento.

...

O IV Plan director da cooperación galega, é o documento estratéxico de planificación das actuacións da Xunta de Galicia en materia de cooperación para o desenvolvemento para o período 2018 – 2021 e enmarcase na nova axenda global de desenvolvemento, definida pola Axenda 2030  para un desenvolvemento sostible das Nacións Unidas.

O IV Plan Director foi aprobado polo Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) o 18 de abril de 2018, polo Consello da Xunta de Galicia o 3 de maio de 2018 e polo Parlamento de Galicia o 22 de xuño de 2018.

O IV PD propón cinco ámbitos estratéxicos para a cooperación galega. A delimitación destas prioridades sectoriais obedece por unha banda á aspiración de promover a Axenda 2030 e os ODS, abranguendo as súas cinco esferas (persoas, planeta, prosperidade, paz e partenariado/alianzas); e por outra á coherencia cos valores diferenciais e a especialización da cooperación galega dentro da súa experiencia e traxectoria.

  1. Promover o exercicio dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat e auga e saneamento básico) polas persoas e colectivos máis pobres e vulnerables.
  2. Apoiar a agricultura, a pesca e a acuicultura sostibles, preservando os recursos naturais no marco de modelos de desenvolvemento rural e territorial integrados, inclusivos, solidarios e redistributivos para unha prosperidade compartida.
  3. Impulsar a equidade de xénero e máis o empoderamento e o exercicio de dereitos das mulleres e da infancia.
  4. Paliar e reducir a vulnerabilidade respondendo ás crises humanitarias con eficacia e calidade.
  5. Construír unha cidadanía global comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible.

As prioritarios xeográficas concentranse nos seguintes 11 países:

  • África Subsahariana: Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique
  • América Central: Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador
  • América do Sur: Bolivia, Ecuador e Perú.
  • Caribe: República Dominicana

Asemade, establece que o programa orzamentario de cooperación exterior ao desenvolvemento terá un crecemento anual igual ou superior ao 11,4%, tomando como base o orzamento do ano 2018 (5.027.160 €).