Plan Camgal 2021

O Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Camgal) é o instrumento polo que a Xunta de Galicia determina o protocolo de actuación dos departamentos autonómicos que teñen competencia directa na resposta ante as continxencias por contaminación mariña accidental, así como a participación doutras administracións que corresponda neste tipo de sucesos.

...

O obxectivo fundamental do Plan Camgal é obter na Comunidade Autónoma de Galicia a máxima protección para as persoas, o medio ambiente e os bens que poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada de sucesos relacionados coa contaminación mariña accidental. Como obxectivos defínense a planificación e coordinación da resposta dos distintos medios capaces de realizar operacións de loita contra este tipo de contaminación, pertencentes a diversas administracións ou a institucións públicas ou privadas, así como o fomento da utilización axeitada e a mellora dos medios de loita contra a contaminación mariña accidental e da capacitación de persoal especializado a nivel territorial.

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 28/1/2021

Data de publicación no DOG: 9/2/2021

Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas
Departamento: C. do Mar