Plan Galego de Hospitalización a Domicilio (2019-2023)

Con este plan poténciase e consolídase a modalidade de asistencia de hospitalización a domicilio, achegándoa ao 100% dos galegos e galegas os 365 días do ano.

Compartir
  • whatsapp
...

A hospitalización a domicilio é una das liñas estratéxicas do Servizo Galego de Saúde na medida en que é capaz de proporcionar aos/ás pacientes unha asistencia sanitaria experta, segura e eficiente no ámbito domiciliario. Coa posta en marcha deste plan, o Servizo Galego de Saúde potencia e consolida esta modalidade asistencial, establecendo criterios homoxéneos de atención na hospitalización a domicilio.

A hospitalización a domicilio é un dos servizos mellor valorados polos/as pacientes e as súas familias. Proporciona os coidados de rango hospitalario necesarios no domicilio do/a paciente e por iso repercute positivamente tanto no desenvolvemento da enfermidade como na calidade de vida do/a paciente. 

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 11/07/2021