Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 (2020-2024)

O plan establece 98 proxectos dirixidos á prevención da aparición de problemas de saúde mental na poboación galega, así como á mellora da asistencia sociosanitaria das persoas que padecen algún trastorno mental.

Compartir
  • whatsapp
...

A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais, é un estado completo de benestar físico, mental e social no que a persoa pode acadar os seus obxectivos, sendo capaz de facer fronte ao estrés da vida, traballar e contribuír á súa comunidade.

Con este plan dáselle prioridade ás accións a curto prazo dirixidas a diminuír o impacto da pandemia da covid-19 na saúde mental e no benestar emocional das persoas. Reforzarase o número de profesionais nos dispositivos asistenciais do Sergas para desenvolver programas específicos orientados á atención ao trauma, á dor e á depresión. Tamén se ten en conta a atención ás persoas maiores e ás persoas que están en centros sociosanitarios, así como favorecer a teleasistencia como ferramenta de reforzo das consultas presenciais, o apoio a profesionais sanitarios/as e o fortalecemento dos programas de prevención do suicidio.

Así mesmo, contempla a creación de novos dispositivos asistenciais localizados en centros de especialidades, centros hospitalarios e centros de atención primaria.

 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 25/06/2020