Plans e actuacións

label.Actuacion.eventos

Ten dispoñibles para consulta 96 actuacións:

Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza; C. de Facenda

Plan de Mellora da Contratación Pública 2014-2016

O Plan de Mellora da Contratación Pública 2014-2016 é unha folla de ruta elaborada pola Vicepresidencia e a Consellería de Facenda para seguir impulsando a modernización da actividade contractual do Goberno galego, co obxectivo de culminar o proceso a mediados do ano 2016.
 

C. de Infraestruturas e Mobilidade

Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020

O Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta de Galicia, que foi elaborado coa colaboración da Asociación Española de la Carretera (AEC), ten como obxectivo principal obter unha taxa de 34 falecidos en accidente de tráfico por millón de habitantes no ano 2020.

C. de Economía, Emprego e Industria

Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico de Galicia 2015-2020

Unha das iniciativas emblemáticas da Unión Europea no horizonte do ano 2020 baséase nun emprego máis eficaz dos recursos que permita acadar unha economía máis eficiente, desligando o crecemento económico do uso intensivo de recursos e de enerxía, reducindo as emisións de CO2, reforzando a competitividade e promovendo unha maior seguridade enerxética.

C. de Educación, Universidade e Formación Profesional

Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020

O Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 ten como obxectivos establecer un horizonte financeiro amplo de suficiencia e estabilidade para que a Xunta de Galicia e institucións públicas de ensino universitario desenvolvan as súas políticas; definir criterios explícitos de asignación dos recursos públicos en base aos resultados en docencia, investigación e transferencia; estimular a adecuación da oferta docente ás demandas sociais, reorientándoa, potenciando a formación continua, a actividade investigadora e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.

A Presidencia da Xunta

Plan Senda 2020

O Plan Senda 2014 supuxo un cambio substancial no tocante á modernización da administración de xustiza e no achegamento á cidadanía. Durante estes catro anos, lográronse avances que fan posible a definición e execución de moitas das iniciativas deste novo Plan Senda 2020 desde o punto de vista organizativo, funcional e tecnolóxico.

C. de Economía, Emprego e Industria

Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020

O Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio configúrase como unha estratexia definida e concreta para impulsar a modernización e a competitividade do sector comercial adaptándoo aos novos tempos.

C. do Medio Rural

Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2015

O obxectivo xeral do Pladiga é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, dentro dos recursos dispoñibles.

C. de Economía, Emprego e Industria

Axenda da competitividade Galicia: Industria 4.0

A Axenda, cos seus plans de impulso, constitúe o plan director da industria de Galicia 2015-2020, definido no artigo 23 da Lei 132011 do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

C. de Educación, Universidade e Formación Profesional

Estratexia Galega de Convivencia Escolar

A Estratexia de convivencia escolar en Galicia 2015-2020 é o documento de traballo no que se trazan as liñas xerais da convivencia escolar para o próximo lustro. Foi presentado ao Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia o 24/04/15.
 

A Presidencia da Xunta

Plan de Software Libre 2015

Enmarcándose nas liñas estratéxicas da Axenda Dixital de Galicia 2020, o Plan de Software Libre 2015 supón un novo paso adiante no compromiso da Amtega co fomento e promoción do software libre e as fontes abertas.