O Plan Estratéxico Galego de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e para toda a sociedade, de cara a crear entre todos un marco axeitado para a incorporación de prácticas socialmente responsables nas empresas galegas.
A responsabilidade social empresarial (RSE) é un concepto, unha forma de actuar, que leva xa un tempo ocupando espazo tanto no debate político, como empresarial e social. De feito, na Comunidade Autónoma de Galicia asinouse un Acordo entre o Goberno da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CC OO de Galicia a prol da responsabilidade social empresarial, no que se establecen unha serie de principios e actuacións programáticas que agora, máis ca nunca, neste momento de crise, necesitan dun impulso e desenvolvemento, polo que parece oportuno abordar un Plan Estratéxico de RSE que teña como reto que as empresas, as organizacións e a administración adopten unha serie de valores que lles sirvan para que saian máis fortalecidas desta situación.
O Plan Estratéxico Galego de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia propón unha serie de obxectivos e accións para as empresas, as organizacións, a propia Administración e para toda a sociedade, que se aplicarán durante o período de vixencia do Plan.
Neste senso, é importante sinalar que o Plan Estratéxico Galego de Responsabilidade Social Empresarial se articula en torno aos seguintes obxectivos xerais:
Formación, coñecemento e difusión da responsabilidade social empresarial
A definición deste obxectivo ten como finalidade que a sociedade e a opinión pública en xeral coñezan que é a responsabilidade social empresarial e que comprendan a importancia e os beneficios de actuar de forma socialmente responsable mediante os seguintes obxectivos específicos:
Fomento da RSE para incrementar o número de empresas socialmente responsables
A definición deste obxectivo ten como finalidade que as políticas públicas se dirixan a crear un marco axeitado para a incorporación de prácticas socialmente responsables por parte das empresas mediante os seguintes obxectivos específicos:
Impulsar unha administración pública galega máis responsable socialmente
A definición deste obxectivo ten como finalidade que a Administración galega incorpore, a todos os seus niveis, autonómico e local, os principios da responsabilidade social á planificación, á implementación e á avaliación do conxunto de actividades que desenvolve, con especial fincapé no ámbito dos recursos humanos, e de xeito que a actuación pública sirva como exemplifícante para as actuacións que, en materia de responsabilidade social, poidan desenvolver outros axentes sociais mediante os seguintes obxectivos específicos:
Coordinación, impulso, seguimento e avaliación do plan estratéxico
A definición deste obxectivo ten como finalidade asegurar o desenvolvemento das medidas previstas no Plan en termos do nivel de execución, do cumprimento dos seus obxectivos e da consecución de resultados, así como do grao de implicación e participación dos departamentos e entidades colaboradoras na súa implementación efectiva.
Igualmente, busca dotar o Plan dos instrumentos precisos para que o seu seguimento e a súa avaliación sexan factibles e faciliten información útil no proceso de toma de decisións, na incorporación, de ser o caso, de actuacións de mellora de reaxuste, e tamén na previsión de cales deben ser as liñas estratéxicas de acción en materia de responsabilidade social, unha vez remate o período temporal de implementación do Plan mediante os seguintes obxectivos específicos:
- Plan estratéxico de RSE de Galicia 2012-2014 Formato PDF. 337 KB
Escoitar