Oportunius é un programa para a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador de excelencia que atenda ás prioridades marcadas na RIS3 de Galicia e complementario a Horizonte 2020.
Oportunius é un programa específico dirixido a investigadores excelentes que queiran desenvolver a súa actividade en Galicia. Contempla tres obxectivos principais:
Oportunius aposta pola creación dun ecosistema investigador de excelencia nos organismos de investigación de Galicia a través da posta en marcha de iniciativas orientadas á xeración, retención, recuperación e captación do mellor talento científico e innovador. O programa pon á disposición dos investigadores un marco laboral estable e o recursos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa carreira investigadora.
Para acadar os obxectivos, deseñáronse 3 itinerarios nos que se contemplan distintas accións de apoio: formación, asesoramento, revisión de candidaturas para presentarse a convocatorias do ERC e apoio económico para investigadores excelentes que resultaron gañadores ou finalistas dunha convocatoria do ERC.
A Xunta de Galicia, a través deste programa, fomenta equipos de investigación excelentes e impulsa o potencial galego na investigación básica co obxectivo final de situar a Galicia na vangarda investigadora e mellorar a competitividade científica da comunidade.
Data de actualización: 7/4/2015