Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia 2019

Apróbase o Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Compartir
  • whatsapp

O Plan estará composto de 5 programas, e suporá a realización de 3.245 inspeccións.

  • Programa 1: posta en servizo de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial. Inspeccionaranse 2.000 instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial postas en servizo no ano 2019.
  • Programa 2: instalacións en servizo sometidas a regulamentos de seguridade industrial. Inspeccionaranse 1.000 instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial postas en servizo con anterioridade ao ano 2019.
  • Programa 3: posta en servizo de empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial. Inspeccionaranse 100 declaracións responsables de empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial presentadas no ano 2019.
  • Programa 4: empresas en servizo instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial. Inspeccionaranse 100 declaracións responsables de empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial presentadas con anterioridade ao ano 2019.
  • Programa 5: accidentes graves. Inspeccionaranse a totalidade dos establecementos industriais afectados polo R.D. 840/2015, de 21 de setembro (nivel superior e inferior).

 

Data de actualización: 9/5/2019