O Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña está impulsado para dar cumprimento aos obxectivos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” co obxectivo de recuperar 8.000 hectáreas de soutos tradicionais e plantar outras 16.000 ha novas para a produción de madeira e de froito desta especie.
O programa estrutúrase en 5 eixes de intervención, que comprenden 36 actuacións clasificadas segundo o nivel de prioridade. No primeiro período de execución, 2022-2025, hai 21 actuacións definidas de prioridade 1, no 2026-2030 hai 9 de prioridade 2 e no 2031-2040 hai 6 de prioridade 3.
Os eixes do programa son:
- Planificación, seguimento e control da produción do castiñeiro en Galicia
- Investigación, transferencia e apoio ao sector viveirístico
- Desenvolvemento e revitalización de recursos e aproveitamentos
- Impulso da comercialización e fomento da calidade da castaña. Impulso ao desenvolvemento da IXP
- Mellora da competitividade e do valor engadido das empresas
Avaliación e seguimento
Realizaranse avaliacións quinquenais. Os resultados presentaranse nun informe de avaliación que se presentará na Mesa da Castaña e no Consello Forestal de Galicia.
Data de aprobación no Consello da Xunta: 25/5/2022