Trátase dun plan director das políticas de igualdade da Administración autonómica no horizonte 2027, no que se encaixan as distintas políticas públicas que a Xunta de Galicia vai despregar para procurar a eliminación das distintas brechas de xénero que impiden o pleno desenvolvemento das mulleres e que perpetúan a súa posición de desvantaxe nos distintos eidos.
O VIII Plan estratéxico inclúe en total 128 liñas de accións enmarcadas en oito ámbitos de actuación específicos:
- Empregabilidade, emprendemento e eliminación da fenda salarial
- Mulleres na ciencia e na investigación
- Conciliación e corresponsabilidade no uso dos tempos
- Igualdade de oportunidades para as mulleres rurais e do mar.
- Educación para a igualdade e prevención das violencias contra as mulleres
- Apoderamento, sororidade e participación social
- Outras políticas sectoriais para o benestar, a cohesión social e o reto demográfico
- Intervención para a erradicación da violencia de xénero
O Plan ten, ademais, un ámbito transversal que, á súa vez, contén catro eixos diferenciados para que a perspectiva de xénero se inclúa en todos os programas e accións do Goberno galego: a resposta aos efectos da covid-19 que tiveron un impacto máis significativo nas mulleres; a diversidade das mulleres con respecto á procedencia migratoria, orixe social, orientación sexual, idade ou discapacidade; a ruralidade para que o lugar de residencia non se converta nun factor máis de discriminación; e o carto eixo transversal xirará en torno á interseccionalidade para abordar a situación das mulleres en contextos de especial vulnerabilidade.
Data de aprobación no Consello da Xunta: 19/05/2022