Plan de inspección en materia de seguridade industrial 2022
Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022
O obxectivo do Plan de inspección de seguridade industrial 2022 é comprobar a adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade e normativas que lles sexan aplicables.
O Plan está composto de 4 programas, e suporá a realización de preto de 1.450 inspeccións:
- Programa 1 - Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial.
- Programa 2 - Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial.
- Programa 3 - Accidentes graves.
- Programa 4 - Vixilancia de mercado: áridos
Data de aprobación no Consello da Xunta: 03/05/2022