Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas
Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas para a súa execución no período 2024-2040, no marco dos obxectivos da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”
A Estratexia desenvólvese en cinco eixes de actuación a desenvolver entre os anos 2024-2040. Os eixes da Estratexia son:
- Eixe 1. Mellora do coñecemento e da formación.
- Eixe 2. Mellora xenética, materiais forestais de reprodución (MFR) e conservación de recursos xenéticos.
- Eixe 3. Fomento da xestión activa e da conservación dos montes de frondosas.
- Eixe 4. Dinamización dos aproveitamentos forestais.
- Eixe 5. Xestión forestal pública dos montes de frondosas.
O seguimento e avaliación desta estratexia deberá realizarse no seo do Consello Forestal de Galicia e no marco das actuacións de seguimento e valiación do PFG 2021-2040. O marco de referencia polo tanto é a revisión quinquenal que se debe realizar sobre o PFG.
Data de aprobación: 20/05/2024
Documentos relacionados
- Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas
Departamento:
C. do Medio Rural