A Estratexia de Inclusión Social de Galicia constitúe un novo e reforzado marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as súas persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral.
A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 constitúe un novo e reforzado marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as súas persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral.
Esta estratexia é a resposta á necesidade de planificación a medio prazo das políticas de inclusión social da Xunta de Galicia, e o fai definindo as súas prioridades, obxectivos e medidas para o período 2014-2020. A planificación susténtase nas reflexións e análises dunha base informativa constituída, entre outros, pola información recabada no proceso de avaliación do II Plan Galego de Inclusión Social, da participación en grupos de traballo de cooperación nos diferentes niveis de Administración e do corpo documental das institucións da Unión Europea en relación coas Directivas, Recomendacións e Comunicacións da materia relacionada coa Estratexia 2020 e, máis en concreto, co contido da súa iniciativa emblemática Plataforma de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Por outra banda, o documento da EIS Galicia 2014-2020 cumpre coa necesidade de operativizar o establecido na Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e vai máis alá, integrando medidas orientadas a responder de xeito efectivo na loita contra a pobreza e a exclusión social. Ademais, a súa formulación favorece o seu encaixe no Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, concretamente no seu obxectivo temático 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".
A EIS Galicia 2014-2020 foi deseñada pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar. Neste proceso integráronse todos os departamentos do Goberno autonómico e contouse, ademais, coa participación das entidades locais, os colexios profesionais e os/as axentes e entidades de iniciativa social.
Para o fomento da Inclusión social activa nos diferentes ámbitos, a EIS Galicia 2014-2020 está vertebrada por 16 prioridades: oito transversais e oito sectoriais.
Prioridades transversais
Prioridades sectoriais
Data de actualización: 30/12/2014