Plans e actuacións

label.Actuacion.eventos

Ten dispoñibles para consulta 9 actuacións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda :

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de acción da paisaxe da Ribeira Sacra

Un dos valores que a acción do Goberno está a defender con máis decisión é a protección da paisaxe de Galicia. Esta actuación enmárcase dentro do Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, impulsado no ano 2019 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co fin de promover un total de 10 actuacións ambientais e de ordenación do medio físico cun orzamento de 3,5 millóns de euros para mellorar e poñer en valor este territorio, reforzando así a súa candidatura a Reserva da Biosfera.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica 2022-2025

O "Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica (PGCIX)" é o instrumento básico da planificación da produción da cartografía da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico, así como o que establece como vai ser o uso e a difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio de Galicia. Ten como finalidade garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais, favorecer a eficiencia no gasto público e asegurar a calidade da produción cartográfica e a súa utilidade como servizo público”.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de dinamización da Área Rexurbe de Mondoñedo

Plan de dinamización da área de rexeneración urbana de interese autonómico (Área Rexurbe) de Mondoñedo, un instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico, dirixidas a fomentar as políticas de rehabilitación e a mellora do espazo público, con outras desde o punto de vista económico, demográfico e social.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de inspección urbanística para os anos 2020-2021

Este plan de inspección urbanística ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía e de garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación da Axencia.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050

A Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía é a resposta que Galicia quere pór en marcha fronte ao problema global do cambio climático. A Xunta, a través desta Estratexia, quere que Galicia sexa un referente no proceso de cambio do modelo de consumo e uso de recursos naturais mediante a conversión da nosa comunidade nun territorio baixo en emisións e preparado para afrontar os cambios derivados do cambio climático.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020

O Plan rehaVIta nace co obxectivo principal de facilitar o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial, ao tempo que reforza o impulso á rehabilitación de vivendas como medio para conservar o parque de vivendas existentes, protexer a paisaxe e dinamizar o sector da construción.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de inspección urbanística para o ano 2013

O Plan de inspección urbanística ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coa finalidade de mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo dos cidadáns e de garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación da Axencia.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia cara un novo escenario máis sostible e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos.


Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Plan de Ordenación do Litoral

O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sostibilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.