Plans e actuacións

label.Actuacion.eventos

Ten dispoñibles para consulta 17 actuacións da C. de Promoción do Emprego e Igualdade :
  • 1
  • 2 (página actual)

C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020

Á Xunta de Galicia lle corresponde deseñar, xunto cos interlocutores sociais, as políticas públicas en seguridade e saúde  no traballo. Con esta estratexia defínense os obxectivos, e reflíctese para cada un deles as liñas de actuación e medidas concreta. Ten un período de vixencia 2017-2020.


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

II Programa da Unidade de Muller e Ciencia 2016-2020

O II Programa Galego de Muller e Ciencia 2016-2020 ten como obxectivo lograr a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nos ámbitos social e laboral modificando valores, actitudes e estereotipos que sustentan a desigualdade nos ámbitos científico e tecnolóxico e potenciando a participación das mulleres en condicións de igualdade. O papel esencial que ten a investigación e a innovación no esforzo por un crecemento intelixente, sostible e inclusivo en Europa implica facer un uso completo do capital humano, incluíndo a mulleres e homes por igual. Por iso, a Estratexia Europa 2020 expón a redución das desigualdades de xénero no mercado de traballo como un dos factores esenciais para un crecemento intelixente, sostible e integrador.


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Plan de actividades 2017 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do primeiro ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Plan de actividades 2016 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST.
 


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Plan de actividades 2015 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

É obxecto deste plan anual o deseño e a priorización de accións e medidas levadas a cabo polo ISSGA que se dirixen á promoción, información, formación e seguimento e control en materia de seguridade e saúde laboral, para o ano 2015.


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013-2015

Están programadas 320 actuacións distribuídas en seis eixes principais: acción integral para combater a violencia de xénero; mellora da gobernanza a favor da igualdade; cambio de valores e modelos para a igualdade; aproveitamento do talento feminino; conciliación corresponsable e calidade de vida; e participación activa das mulleres na sociedade.


C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada 2012-2014

Como resultado dunha iniciativa lexislativa popular, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, explicitando a obriga de redactar este Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada.  O plan responde, así, ao obxectivo de artellar un abano de recursos, medidas e axudas públicas que aseguren protección e un clima favorable ás mulleres xestantes en Galicia.

  • 1
  • 2 (página actual)